DIARIO DE AURIA
02 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.NON RESISTO a tentación de proclamalo voz en grito, aínda que sexa para min un segredo, unha historia inconfesable. Se quieren locamente. Elas e eles. Os pepés. Por moito que digan que non se poden ver, que hai fisuras, que dimita este, o outro, que el alcalde y el presidente se odian, que o concelleiro e a deputada discuten. Ni caso. Se quieren locamente. Como se fosen os protagonistas dunha canción de Las Grecas, ou Azúcar Moreno, cositas así. Se quieren. Son uña e carne, alma corazón y vida, mis manos en tu cintura, la conga y el bimbó. Se quieren. Por iso non dimiten. Nunca. Porque se quieren. Y se defienden: son os reis do mambo. Os que parten e reparten a tarta da provincia. Os que chegada a hora das eleccións están aí, como unha piña, Victorino e Baltar el Joven, Barril e Rodríguez Cid, Cabezas e o meu virrei soberano, todos embuchando sobres con la papeleta del Partido Popular. Se quieren. E por moito que esta provincia siga situando nos últimos lugares dos seus barómetros a membros do Pepé, non pasa nada. Porque esta provincia vota Pepé. Porque somos románticos. E non resistimos tanto amor. Y ellos se quieren, coño, se quieren.