Mestre de profesión, leva cinco anos asesorando ós concellos da provincia sobre asuntos relacionados coa institución provincial
31 oct 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Luís Seara, concelleiro polo BNG en A Merca, leva dez anos de militancia no BNG e cinco como liberado no local do grupo provincial da organización frentista -na Deputación- adicado a asesorar ós concelleiros nacionalistas da provincia. Este mestre de profesión entende o seu traballo coma «estrictamente confidencial». -Presta vostede asesoramento político ós concellos. Supoño que se enterará de moitas cosas singulares. -Pois efectivamente, esto é coma un confesionario, entéraste de moitas cousas, pero, naturalmente, baixo unha estricta confidencialidade. -Por algo está aí. Ten vostede fama de ser un tipo tranquilo. -Son bastante reflexivo e sosegado, é certo. -¿E despois deste servicio á organización? -Pois o que a organización diga. Eu estou aquí porque o decidiu o partido, pero non ten creto ilimitado, non estarei de por vida facendo esto. E eu estou a disposición do BNG. -Teño entendido que é parente do ex ministro da UCD, González Seara. -Somos primos carnais. -¿Teñen boa relación? -Pois como nos vemos esporádica e circunstancialmente, case sempre en enterros ou celebracións familiares, non temos o roce suficiente como para discutir e levarnos mal. -¿Para cando á primeira liña política? -Xa digo que esotu ó servicio da miña organización política; é algo que non depende de min e, ademáis, eu estou encantado co traballo que estou a facer neste momento no grupo provincial da Deputación.