DIARIO DE AURIA
20 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.¡SE ME CAE la cara de vergüenza! Por ser ourensán. Por ser un iluso. Nada cambiará en Auria. Nunca. Se un alcalde (¡socialista!) contesta co silencio a unha denuncia por acoso laboral, todo está perdido. Todo. ¿Onde chegamos? Cando un alcalde (¡socialista!) responde a unha redactora de La Voz: «Llamarme me parece una auténtica desfachatez por tu parte. ¿Me entiendes, nena?... Hala, nena, hala, hala, que te vaya bien. Suerte» todo está perdido. O alcalde do Carballiño é o xefe do ¡socialismo! ourensán. E o ¡socialismo! ourensán cala diante deste asunto que a moitos nos parece un dos máis graves acontecidos últimamente nesta provincia. Silencio. ¿Non hai reunións da cúpula? ¿Laura Seara e Pilar Novoa non piden responsabilidades ou aclaracións? ¿Que podemos esperar de nós mesmos? Nada. Estar sentados na mesma cadeira que ocupa Raquel Carreiro, con ela, fumando. Fumando e tristes. Chorando de rabia, de pena. Contemplando como esta democracia é unha mentira vil e absurda. Un abuso da estatística, que dicía o mestre Jorge Luis Borges. Uns ou outros, qué importa. A bota que nos pisa é sempre unha bota (Bertold Brecht). ¿Me entiendes, nena?