MAR GIL O CRONÓMETRO Noemi Rodríguez Fernández, actriz da compañía infantil de Allariz
18 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A semana das letras galegas foi tamén en Allariz a semana do teatro. A compañía infantil «Amigos de Marcial Suárez», que dirixe Xián Bobillo, estreou con gran éxito unha versión da peza «Pañolín rompenubes». A ilusión encheu o escenario e o sentimento dos seus novísimos actores. O trasno, papel que interpreta Noemi Rodríguez, é o fío conductor da historia creada por Marcial Suárez. -¿Como é a vida dunha futura actriz? -Dura porque hai que compaxinar estudos con teatro, pero con boa organización consíguese. Eu adícolle moito tempo porque, ademais desta obra, estaba facendo paralelametne outra no instituto, onde tamén temos un grupo teatral. -¿Veste xa profesional? -O teatro gústame moito, é parte de min, por eso non descarto a idea de ser actriz. Hoxe teño 14 anos e aínda non sei que estudiarei pero, se se presenta a oportunidade... -¿Hai máis semente na compañía? -Creo que eu son a única á que lle gusta de verdade, aínda que todos disfrutamos e desta vez están dispostos a repetir. -¿Que sabes de Marcial Suárez? -Era un veciño de Allariz que escribiu un montón de obras, a maioría en castelán porque non puido facelo en galego; estivo no exilio en Madrid e no 97 morreu. Estamos esperando que a súa viúva veña ver a representación. -¿Proxectos? -Posiblemente representaremos Pañolín en Allariz e tamén fóra. Espero seguir traballando con Xián e coa compañía e estoume plantexando a posibilidade de mirar unha compañía en Ourense.