08 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
O Centro Cultural da Deputación de Ourense abriu onte ó público unha exposición da obra de Manuel Romero (Noia, 1943). O artista estivo na presentación da mostra e definiu a súa obra como «unha búsqueda lírica da luz» e un traballo que está baseado na música. Romero narrou na presentación a súa experiencia vital de emigrante en Londres -donde chegou hai 37 anos- e como se foi atopando coa arte «xa que eu cheguei para traballar de camarero». A pesar do cromatismo da súa obra Manuel Romero asegura que en toda ela está presente unha reflexión sobre a morte. Romero estivo acompañado na presentación da mostra por José Luis Valladares, deputado de Cultura, e Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación de Ourense.