PEPE SEOANE O CRONÓMETRO Eduardo González, traballador forestal
23 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Outra vez arde o monte. Eduardo González Pérez, traballador forestal, non se limita a apagar lumes. Ten claro onde está a raíz desta lacra e non deixa de decilo. -¿Como ve a situación? -Caótica. Penso que a administración no está dando as respostas axeitadas. Limítase á extinción, sen ir á raíz, para evitar que se produzan os incendios. É necesario tomar medidas no lexislativo, con inversión e man dura. -¿Dureza contra os incendiarios, supoño? -Si, pero non abonda. Non se pode pretender que o monte abandonado non arda. Hai que limitar os beneficios que o lume poda reportar a gandeiros, madereiros, agricultores, e mesmo cazadores. Hai que invertir nos cuidados do monte, e lexislar, por exemplo, para que a madeira queimada non se poda vender cos marxes de beneficio actuais. -¿E a inversión? -Fan falla máis fondos para cuidar o monte. Sorprende comprobar como baixan as partidas da administración adicadas a tratamentos. Penso que se debe traballar máis en repoboacións, clareos, podas, ou tratamentos silvícolas. A prevención é a clave. -¿Non hai moitos intereses neste sector? -Demasiados. E precisamente por eso é polo que se precisa un consello forestal galego, que a Xunta parece que non quere. Con voz e voto para todos os sectores implicados poderíase buscar o punto de encontro, facendo coincidir intereses, necesidades e respeto á natureza. -¿Pensa que o monte é rentable? -Sen dúbida. O que hai que facer é cuidalo. É unha base para afianzar poboación. Se deixas unha casa abandoada, acaba caendo; se abandonas o monte, arde.