MAR GIL O CRONÓMETRO Begoña Fernández, copromotora da asociación «Axuda a Yamparaez»
16 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Susana Varela Pestaña e Begoña Fernández Pérez, profesionais do Complexo Hospitalario Ourensán, impulsan dende fai anos a asociación solidaria «Axuda a Yamparaez», que sostén economicamente un comedor infantil nesa localidade boliviana. Para recadar fondos, veñen de poñer á venda calendarios con fotografías de Mani Moretón sobre esculturas de Alberte Oro. -¿Como nace a asociación? -Empezamos a ir a Bolivia con Manuel Garrido Valenzuela, o primeiro ano a Santa Cruz de la Sierra e o segundo, a Yamparaez, nos Andes. Alí fixemos de todo: dende darlle clases de castelán a nenas indias a coidar un comedor ou axudar nun hospitalillo de campaña. Unhas misioneiras levaban alí un comedor escolar con axuda internacional, a única oportunidade que moitos nenos tiñan para comer cada día. O último ano que fumos alí remataba esa axuda e por elo tamén decidimos darlle unha continuidade montando esta asociación para seguir traballando. -¿Cal é o resultado? -O comedor ten un presuposto de 12.000 euros (2,00 millones de pesetas) ao ano; aquí facemos socios colaboradores, que aportan mil pesetas (6,01 euros) ao mes ou o que queiran, e a fin de ano enviamos un cheque cos cartos para que compren comida. Ás veces facemos iniciativas como esta dos calendarios. -¿Hai moito pulo solidario en Ourense? -A resposta da xente sempre sorprende porque ás veces dá máis quen menos ten. Noutro tipo de colaboración, unhas persoas arrastran a outras, o importante é que alguén decida ir. Nós non somos nada pero aquí hai xente valiosa, como Garrido ou Carmen Hernández, que fan un gran labor.