XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ O CRONÓMETRO Domingo González, presidente de Promotores da Cociña Galega
07 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Domingo González é o presidente de Promotores da Cociña Galega, unha asociación formada por cociñeiros de toda a provincia co obxectivo de dignificar a profesión e recuperar a cociña autóctona. -¿Cal e súa experiencia antes de chegar ós restaurantes de Arnoia e Laias? -Formeime como cociñeiro fóra, en Suiza. Alí botei moitos anos ata que un día decidín regresar. Estiven traballando en Menorca, Barcelona, Sitges -e outras zonas de turismo de Cataluña- e Canarias. Depois foi cando me ofreceron vir ó Auriense e logo xa empecei co Hotel Balneario de Arnoia, e agora tamén co de Laias. -¿Con que obxectivos se crea a asociación? -O fundamental é tratar de mellorar a relación entre os cociñeiros da provincia. Ata o de agora non nos coñecíamos personalmente, en moitos dos casos, e había algunhas «rencillas» motivadas por cuestións que, como pasa case sempre nestes casos, carecían de fundamento. Reclamar un salario digno para os xoves que están empezando na cociña e organizar cursos de formación son outras iniciativas. -Tamén queren recuperar a cociña autóctona -Ese é un dos nosos grandes retos. Hoxendía a cociña galega, sobre todo en Ourense, está invadida pola conocida como «cociña internacional». Eso non está mal pero hai unha cociña nosa propia que temos que recuperar e adaptar ós novos tempos para que se valore. Eso tamén serviría para que Ourense tivese, como as outras provincias, uns restaurantes de referencia obligada polos que se distinguir. -Van colaborar na próxima edición de Xantar -Si. Estamos traballando para que Xantar teña un menú propio e imos facer un concurso para xoves cociñeiros.