As mostras de Salgado, Dimas e Strömholm abren o Outono

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

O Outono Fotográfico 2001 inicia hoxe as súas actividades coa inauguración oficial dalgunha das mostras máis sobranceiras das incluidas nesta edición. Un dos proxectos que se presenta hoxe e a exposición da obra de Christer Strömholm. Para as 11.00 está prevista unha rolda de prensa dos representantes da Fundación La Caixa no Museo Municipal para presentar esta mostra, que chega a Ourense da man desta entidade financieira. A inauguración oficial da mesma será ás 12.30 horas. Para as 12.00 está prevista a inauguración oficial do Outono Fotográfico. A directora xeral de Xuventude en funcións, María José Bravo Bosh, procederá a esa hora á entrega dos premios do segundo Certame Galego de Imaxe Artística-Xuventude 2001, na súa modalidade de fotografía. Este acto desenvolverase na Casa da Xuventude de Ourense. A exposición dos orixinais deste certame abrirase ó público ás 19.00 horas. Outra das sedes do Outono Fotográfico, o Centro Cultural Simeón, comezará as súas actividades do Outono coa inauguración da mostra Ramón Dimas. As fotografías de Galicia. A mostra do Centro Galego das Artes da Imaxe inaugurarase ás 12.45 horas. Unha das exposición máis significativas do Outono, Éxodos -de Sebastiâo Salgado-, inaugurarase ás 13.00 horas na Aula de Cultura de Caixanova, entidade que colabora no Outono con este proxecto.