Os autores de cómics diron a coñecer os seus proxectos

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

As Xornadas de Banda Deseñada contaron cos participantes de La Penya As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense centraron onte a súa actividade no debate acerca de varios proxectos -algúns xa desaparecidos pero en fase de reedición- e traxectorias individuais de algúns autores de recoñecido prestixio. O arxentino afincado en España Darío Adanti e o portugués José Carlos Fernandes, premio Ourense 1995, participaron no coloquio cos autores.

06 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Dentro do Encontro de fancines abordouse un dos proxectos emblemáticos da década dos 90: Mondo lirondo. Aproveitando a próxima reedición da mítica obra do grupo La Penya contouse coa participación dos autores que o compuxeron -José Miguel Álvarez, Ismael Ferrer, Álex Fito e Albert Monteys- nas Xornadas de Banda Deseñada. A xestación do proxecto e as anécdotas vencelladas a Mondo Lirondo centraron o debate arredor do que foi unha das iniciativas independentes máis exitosas. As Xornadas inclúen unha exposición antolóxica sobre Mondo lirondo. Na Casa da Xuventude tamén estiveron os autores José Carlos Fernandes e Darío Adanti. Os contidos do seu traballo, fondamente crítico e irónico, e se esto lles motivara algún problema ou censura foron algunhas das preguntas prantexadas a Fernandes e Adanti por parte dos presentes nos coloquios. Estes dous autores tamén protagonizan exposicións incluidas dentro das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. O autor arxentino afincado en España, Adanti, compaxina o deseño con proxectos no mundo da ilustración.