Deputación e Cultura levarán a obra de Valcárcel por sete cidades europeas O pintor Juan Valcárcel levará a súa obra por sete cidades españolas e europeas gracias ó mecenazgo da Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura. José Luis Baltar, presidente da Deputación, e Felipe Ferreiro, delegado de Cultura, avalaron onte o proxecto presentado por Valcárcel na presentación oficial da iniciativa. Tanto Baltar como Ferreiro salientaron o feito de que gracias a esta iniciativa a imaxe galega e a pintura que se fai en Ourense chegarán ós emigrantes e ó público destas cidades.
02 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Juan Valcárcel agradeceu na presentación do proxecto a sensibilidade e o apoio que lle diron as institucións á súa iniciativa «que me permitirá amosar a miña obra por toda Europa e, gracias e eso, obter promoción e contactos». Na mostra de Valcárcel que viará por Europa exporanse 20 obras de gran e medio formato. A emigración é un tema frecuente na obra do pintor afincado en Boborás «como se pode comprobar en obras como a que se pode ver aquí e que representa unhas maletas e que se chama O muro, que en sí non son nada pero que falan das persoas que non se ven». Ferreiro amosouse particularmente solidario e sensible co proxecto «por vir respaldada a iniciativa pola Deputación e porque, particularmente, como fillo de emigrantes en Alemaña pareceume unha boa idea levar esta obra ás cidades europeas por donde vai ir para que a podan ver os galegos, e os cidadáns deses lugares, que están na emigración». Para Baltar levar o traballo de Valcárcel por estas cidades «é de xusticia pola calidade da súa obra e ademáis servirá para proxectar a imaxe de Ourense por toda Europa».