FINA ULLOA LA ENTREVISTA Xosé Manuel Orriols, pregoeiro
22 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Xosé Manuel Orriols, xornalista e director do programa da TVG Galicia Enteira, foi o encargado de ofrecer o pregón da cuarta edición da Feira dos Viños de Valdeorras. Orriols confesábase nervioso pola responsabilidade pero encantado de ter a posibilidade de rememorar vellos tempos, cando iniciando a súa traxectoria profesional en Televisión Española, percorreu todo-los recantos desta bisbarra ourensá. -¿Qué lembra daquela época de comenzos? -Hai vinteún anos, pero aínda lembro que me tocou andar toda a bisbarra coñecendo a historia e a realidade dos colleiteiros, do sector da pizarra, dos tesouros de Pardollán, as historias daqueles que lembraban aínda a existencia das aureanas... mil cousas que fan dela unha terra para mín moi entrañable. -¿Notou cambios? -Non demasiados. Afortunadamente Valdeorras sigue mantendo algo que é a súa millor riqueza: a natureza, estas montañas, ó Sil, realmente é unha terra que engaiola á xente, a calqueira. Evidentemente hai cambios no nivel de vida, nas infraestructuras, pero mantense o básico. Incluídos os viños de godello que penso que son unha das grandes variedades de Galicia, inda que sexa unha das máis descoñecidas. -Recoñeceu vostede que tiña un pouco de medo. -Sí, porque inda que levo moitos anos neste mundo, xempre é unha grande responsabilidade. Era a primeira ocasión na que o pregoeiro era un xornalista, e tes esa preocupación de que o que vas a decir esté ben documentado, porque xempre se pode meter a pata, sobre todo ante a xente que o vive moi de preto, inda que os de fóra o noten menos.