Beariz rinde homenaxe á comunidade emigrante

SUSANA PÉREZ O CARBALLIÑO

OURENSE

O Concello adica ós veciños da diáspora os dez anos de vida de «O Quince» A publicación cultural «O Quince» cumpre dez anos. Unha década na que os promotores da iniciativa adicáronse a recolle-los feitos máis destacados da vila ó longo de todo o ano para plasmalos nunhas páxinas que adquiriron co tempo o valor de arquivo histórico. Nunha data tan significativa, os promotores de «O Quince» escolleron como motivo principal a emigración, un fenómeno sen o cal non se entendería a vida deste pequeno municipio do occidente ourensán.

26 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Os autores de O Quince renden a súa particular homenaxe ós centos de veciños de Beariz que viven na emigración e que tradicionalmente se desprazan cada verán ata este pequeno municipio da comarca de O Carballiño. Esta mención faise nun ano especialmente significativo, posto que o retorno másivo de residentes ausentes marcou a tempada estival de Beariz. Un período que o Concello coroa coa publicación de O Quince, posto que ó longo dos últimos tres meses, promoveronse moitas iniciativas, sobre todo, de carácter cultural. Maior difusión Así, a publicación cultural, que como tódolos anos sae a rúa con motivo das festas patronais, tivo nesta ocasión unha maior difusión. Xunto cos éxitos da emigración conviven tamén na publicación os símbolos da tradición máis arraigada. Este é o caso do pobo de Magros, onde as eiras _recuperadas recentemente_ e o turismo rural convértense nun dos principais reclamos deste municipio. Entre os apartados desta décima edición de O Quince destaca tamén o adicado á toponimia dalgúns lugares do municipio, así como a escolma dalgunhas das moitas lendas que pesan sobre estas terras da comarca carballiñesa.