O Carballiño acollerá as xornadas de cine, cunha forte presencia galega, entre o 26 de xullo e o 2 de agosto A directiva de Cineclube traballa de cheo na próxima edición das Xociviga, unhas xornadas que estarán marcadas pola recuperación de vellos proxectos _como a colaboración co cinema portugués_ e algunhas novidades, na súa maioría relacionadas co audiovisual galego. Directores, actores ou productores reforzarán coa súa presencia esta nova edición. Entre eles estarán algúns dos responsables da serie «Del largo al corto», coa que se inicia un traballo de colaboración entre a institución carballiñesa e Canal Satélite. Na carteleira non faltarán tampouco as películas clásicas e infantiles.
13 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.A vindeira edición das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, que se celebrarán entre o 26 de xullo e o 2 de agosto, voltarán a contar coas seccións fixas, nas que non faltarán os títulos clásicos e os filmes para nenos, dous dos xéneros que acadan un maior número de espectadores. Polo momento, a organización non quixo adianta-los títulos, pendentes de confirmación. Algúns destes traballos contarán tamén co valor engadido da presencia dos seus directores, actores ou productores. Unha aposta que o ano pasado se levou á práctica cunha boa aceptación por parte do público. Entre os vellos proxectos que se recuperan para a vindeira edición das Xociviga destacan o de colaboración coa cinematografía lusa. Nun encontro mantido entre a federación portuguesa e os membros de Cineclube O Carballiño acordouse que nas xornada se exhibirían algunos dos traballos realizados ó longo do último ano no país veciño. O audiovisual galego estará tamén moi presente a través dos diferentes formatos: vídeo, longa ou curtometraxe. Estes últimos traballos poderían incluso optar a un premio, no caso de que se confirmase este proxecto do cineclube. A serie Del largo al corto, producida por Canal Satélite, será, asimismo, exhibida nas Xociviga. Deste xeito, iníciase un traballo de colaboración entre esta canle e a institución carballiñesa, ó igual que se fixera co Concello. Cuerda, director de Primer Amor, podería ser un dos directores que presente o seu proxecto.