Somos uns macarras

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Clara Carrasco | EUROPAPRESS

En galego non existe a palabra macarra. Non me parecería mal adoptala. Con todo, temos camorrista, que para o caso vén ser o mesmo. E si, somos camorristas. Sempre na refrega, sempre a medir forzas, sempre coa tentación do choque.

Por iso chamou a atención a imaxe pública que se ofreceu no acto relixioso en honra das vítimas do último accidente ferroviario. Non foi a doutras veces. Houbo contención, unha certa compostura, mesmo respecto. Con todo, sempre aparece o resón. Os ecos duns e doutros, tirándose flores ou alporizarse polo alleo. O murmurio do «ti máis», ese deporte nacional que nunca descansa.

Non é o momento. De verdade, non o é.

Unha cousa é pedir responsabilidades, que para iso temos licenza desde o segundo cero, e outra moi distinta o repenique dos que se sacoden a culpa ou comezan a repartir reproches como se estivesen nun mitin. Iso non é xustiza, é ruído. E o ruído, nestes momentos, doe máis ca axuda.

O respecto non debería gardarse só no espazo sagrado onde se celebra un acto nin limitarse á duración do mesmo. Se, como dirixentes, queren que a sociedade os crea, deberían manter esa actitude en todo momento, tamén cando se apagan as cámaras e comezan os comunicados.

Porén, e dito todo isto, a imaxe que se ofreceu foi distinta. Máis civilizada. Máis humana. Algo aprendemos. Quizais non tanto como deberiamos, pero o suficiente para demostrar que sabemos estar á altura cando queremos.

Agora falta o máis difícil: non esquecer esa lección cando pase o silencio.