A propósito de «Sacerdote maleducado»
O 25 de agosto, nesta mesma sección, baixo o titular «Sacerdote maleducado» rendíase conta da aceda experiencia sufrida pola asinante e maila súa familia con motivo do falecemento do pai. Narraba con apuntes significativos que a actitude e intervención do sacerdote contratado polo tanatorio para as honras fúnebres relixiosas foron distantes e pouco ou nada consoladoras. No remate da carta a autora proponlles aos lectores unha reflexión, formulada como pregunta: con este tipo de persoas proxecta a Igrexa atopar máis crentes e practicantes?
Son un sacerdote que exercín ao longo de máis de 55 anos o meu labor ministerial na Coruña. Non me recoñezo nin teño as claves para explicar, xa non digo desculpar ou comprender, as actitudes e actuación do meu compañeiro. Non no seu nome (non sei quen é), senón como sacerdote da Igrexa católica, apelo a unha xenerosidade pouco frecuente na sociedade actual, pero que constato moi viva nas familias e nas persoas onde reina o agarimo e a paz. Por favor, desde o fondo do corazón perdoen o meu compañeiro.
Ante a pregunta do remate da carta teño moi clara e madurada desde hai tempo a miña resposta: si. A Igrexa proponse chamar, atraer, acompañar e, aínda que non saiba ou non poida facelo, consolar e axudar a todos.
Certo que non lle será fácil á Igrexa comunicar consolo nin esperanza se e ela mesma se reduce a ser unha empresa de servizos, por moi demandados que sexan. O nome igrexa inclúe na súa raíz grega o senso de comunidade. Unha comunidade onde os seus membros se descoñecen, non se reúnen, non comparten nada e se ignoran, non pode ofrecer o que xa non vive, nin produce nin comparte. No recente libro de Javier Cercas El loco de Dios en el fin del mundo, o autor, sen renegar da súa condición de ateo e anticlerical, describe as realidades cotiás e visibles da Igrexa católica e afirma que en España, como noutros países europeos, «todos somos católicos». Os incidentes coma o descrito na carta aludida son relativamente frecuentes e evidencian que efectivamente en España segue moi vixente un catolicismo simplemente convencional, que presta servizos sinalados para os grandes acontecementos familiares de repercusión social. Os crentes lúcidos e os sacerdotes conscientes están chamados e comprometidos na purificación do catolicismo convencional e en favorecer o convencemento, tamén lúcido, liberado de convencionalismos e ostentación, dos fregueses, etimoloxicamente, «fieis da igrexa». Andrés García Vilariño (sacerdote católico, A Coruña).
El pueblo de Israel
Es inhumano que la izquierda se haya unido para condenar a la nación que defiende sus libertades. Israel es la única democracia de Oriente Medio. Ya sabemos que a algunos les gusta poco la democracia, prefieren las dictaduras y el terrorismo. El pueblo de Israel es el de los héroes, de hombres, mujeres y niños masacrados por el nazismo y el comunismo. Dos dictaduras iguales. El ataque terrorista de Hamás a Israel el 7 de octubre del 2023, con misiles, secuestros, violaciones, rehenes, bestialidades y miles de litros de sangre derramada, ¿es aceptable? ¿Qué todo un pueblo democrático se deje matar por Hamás? Israel no se va a detener hasta que Hamás desaparezca. Y por supuesto hay que lamentar las víctimas civiles. Todas, también las que asesinaron los terroristas que han provocado la guerra. No hay guerras sin víctimas civiles, los gobiernos están obligados a defender a sus ciudadanos. La nación hebrea es la línea divisoria de Occidente con el Oriente. La democracia o el fundamentalismo religioso convertido en terrorismo. Máximo de la Peña.