«Galicia no mejoró, mientras que en el Occidente asturiano se restauraron aldeas»

OPINIÓN

dani portela

08 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Veciños que retornan e xente que se integra en Maceda

No verán, a nosa contorna ve aumentada a súa poboación cos veciños que están no País Vasco, Cataluña, Madrid, Suíza, Alemaña, Francia e outros destinos. Este incremento demográfico supón máis movemento de automóbiles, de merca e consumo de alimentos e doutros produtos e, sobre todo, un incremento no ocio: hostaleira, restauración, eventos sociais, culturais, deportivos e de lecer. Tamén no consumo de auga de abastecemento, recollida de lixo, servizos sociais, sanitarios e asistenciais. Sempre volven preferentemente ao abeiro das de festas das Neves. E pásalle tamén ás persoas da contorna: A Rabeda, Molgas, Arnuíde, Xunqueira de Espadañedo, Xunqueira de Ambía, mesmo Montederramo e Castro Caldelas, que tamén veñen a Maceda, pois óllannos como centro de referencia comarcal a todos os niveis.

Hogano mesmo temos un movemento migratorio positivo de persoas que veñen con intención de quedarse. Algúns son os veciños de orixe que viviron fóra de Maceda e que ao xubilarse decidiron volver definitivamente. Mesmo hai persoas alleas que veñen vivir e traballar, algúns con contratos laborais. Outros buscándose a vida mentres non regularizan a súa situación. Isto está incrementando a poboación activa que se ofrece para postos de traballo que non se dan cuberto polos que están aquí, o que supón un cambio da nosa fisionomía e todo un revulsivo económico e social.

Dende todas as administracións, maiormente dende o concello, deben ter en conta estes dous fenómenos para establecer e deseñar medidas e políticas que favorezan a estancia permanente e a integración plena. Si estas medidas se levan adiante, darán froitos, como acontece coa integración xitana na vila de Maceda. Empezouse erradicando o chabolismo coa creación e aluguer de vivendas xestionadas polo concello. Aínda que está sendo un proceso máis lento do desexable, fíxose con convivencia e normalidade, compartindo espazos sociais, económicos e de lecer. Esta situación está normalizada no sistema educativo, no sanitario, no mundo laboral con máis contratacións que nunca e con emprendedores.

Temos que ser capaces entre todos de aproveitar, con empatía e hospitalidade, o regreso definitivo ou temporal dos veciños de orixe e dos migrantes que se asentan en Maceda. Toda unha oportunidade para o deseño o noso futuro máis próximo. Grazas o amigo Santiago Prol pola suxestión do tema e pola corrección formal desta carta. Boas festas! Xosé Bieito Seara Formoso. Maceda.

Salvemos Casa Benedicto

El Concello de Navia de Suarna quiere derribar el emblemático edificio modernista Casa Benedicto y yo me uno a la campaña para salvarlo. Si el concello tiene dinero para comprarlo, también tiene dinero para restaurarlo. En Ribadeo estaba en peligro de ruina la emblemática Torre de los Moreno, y tuvieron que ser los asturianos los que vinieran a restaurarla. Recuerdo de adolescente, cuando volvía de la Laboral de Gijón y llegaba a Galicia, y era como entrar en el subdesarrollo; pero Galicia no mejoró, mientras que en el Occidente asturiano se restauraron aldeas para crear ejemplo de turismo rural en toda España.

Desgraciadamente, de mis tiempos jóvenes ya queda poco del paisaje de la Terra Chá, Meira, Terras do Miño… ¿De qué sirve declarar esto Reserva de la Biosfera si están llenando todo de eucalipto, que ni es autóctono ni conserva el paisaje gallego? Gonzalo Varela García. Pontevedra.