Cen anos de Marlon Brando

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

06 abr 2024 . Actualizado a las 12:39 h.

Con motivo dos cen anos do seu nacemento, todos os medios falan das extraordinarias dotes interpretativas de Marlon Brando e das súas obras de beneficencia. O que non din é que participou, xunto con Bernardo Bertolucci, nun dos maiores ataques á dignidade dunha muller. Refírome a unha escena de película O último tango en París, que Bertolucci engadiu sen advertirllo á Maria Schneider, a actriz que ía interpretala. Tratábase dun coito anal no que se utiliza manteiga como lubricante. O director quería que reaccionase «como unha muller». Maria Schneider denunciou que se sentira violada. Non superou aquel trauma. Bertolucci nunca se desculpou con ela. Sentíase culpable, pero non arrepentido.

Gustaríame que con motivo da efeméride se recordasen estes feitos coa esperanza de que non se repitan nunca. Pero, dado o que se ve todos os días na televisión, temo que sexa unha esperanza vana.