O centenario do Celta
O 23 de agosto deste ano 2023 fanse cen anos do club co que crecín, e do que sigo ligado de por vida grazas, entre outras cousas, ao meu pai. A algúns aínda lles soará o nome de Gabriel Lezcano, aquel noutrora pintoresco paraguaio que percorría a banda dereita de Balaídos como se lle fose a vida niso. Cousa que, por outra parte, non deixaba de ser certa. Repasar o seu historial non vén ao caso, e é posíbel indagar no mesmo na rede. Soamente as dez temporadas como xogador e, digo así de memoria, e os 25 anos como adestrador das categorías inferiores do Celta, son suficientes datos para confirmar o seu sentimento de pertenza, de levar o escudo no seu peito. O seu amor polo Celta foi algo que me transmitiu dende que nacín practicamente, a pesar de sufrir unha cancelación de contrato de forma mesquiña por parte da directiva daquel tempo, na década dos 70. Feito que se volvería a repetir cando lle deron a patada como adestrador das categorías inferiores, despois dunha vida dedicada ao seu club, alá polo 2006. O noso club é da xente, como o meu pai, da xente que merca as caras camisetas e bufandas, dos nenos e nenas que lles piden un autógrafo aos xogadores, dos seareiros e seareiras que non se perden nin un amistoso do equipo… O club perténcelles a eles, non aos directivos, non aos presidentes, non ás televisións... Como celtista, sinto unha profunda mágoa e tristura cos actos da celebración dos cen anos do noso club. Unha data marabillosa, que pasou desapercibida por non ter en conta a xente que merca as camisetas, os nenos e nenas que lles piden un autógrafo aos xogadores, os seareiros e seareiras que non se perden nin un amistoso… Nin o meu pai, que non foi convidado a ningún dos actos celebrados, a pesar de ser historia viva do noso, repito, o noso Celta. O Celta da xente. Nin outros compañeiros de equipo que, coma o meu pai, son tamén parte do club... Espero que cando o noso club chegue aos 200 anos, o 23 de agosto do 2123, o respecto, a sensibilidade e o tacto coa xente que amamos o noso Celta sexan outros. Coa xente, como meu pai. Gabriel Lezcano Míguez. Estocolmo.
El parque de mayores de Narón
Aunque hace cuarenta años que vivo en el Mediterráneo, mi sangre, mitad gallega, me hace regresar periódicamente a dar una vuelta por la tierra de mi madre, Narón, a la que he visto progresar año tras año y que siempre me ha dado sorpresas agradables. Pero este año tiene algo insuperable: la intención de crear un gran área residencial-recreativa entre la iglesia de Santa Rita y la extraordinaria magnolia que hunde sus pies en las aguas del Xuvia, enmarcada por el Camino Inglés y el paseo que nos transporta a la orilla de Neda, reservada para el feliz futuro de los que han hecho méritos, nuestros mayores, que podrán disfrutar de variadas oportunidades de distracción y relación, sin temor a un aislamiento que injustamente les condene. Como todos formaremos parte de ese grupo, aplaudo la idea con fervor y pido a los propietarios que algo tienen en dicha zona, que, pensando que el mañana está a la puerta, se pongan a disposición de los gobernantes locales para conseguir un éxito común y preparar su llegada a la meta. Sean Gael Hughes. Alicante.
Intermitentes
De pronto, el coche que va delante se para. ¡Ah! que debe estar averiado. De pronto, gira hacia la izquierda. Así, sin más. ¿Alguien ha oído hablar de los intermitentes? Sí, esa luz de color naranja que parpadea. Pues es para señalizar maniobras. Luz Piñeiro Veigas. O Grove