
21 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Que pouco valentes somos! O peor xa non é selo, senón agochalo baixo mentiras.
Canto boto de menos a intrepidez, a bravura. Dicir a verdade, en xeral, é de valentes. Insultar a un rival, de covardes. Ten moito máis mérito enfrontarse con respecto, require maior esforzo.
Oxalá vivir nun mundo de valentes, no que confesar os afectos e as discordias sen estridencias, desde a calma. Mais non é o caso no ámbito doméstico, laboral ou político.
Hai un clima de crispación brutal. Semella que esteamos agardando a mínima oportunidade para prender a chispa e botar lume pola boca.