Quen é Pablo Hasel?


Algúns din que é un símbolo da liberdade de expresión. Como non teño nin idea sobre el, indago por Internet. Ten 32 anos, de profesión poeta, rapero. Ingresou en prisión por unha condena de nove meses por enaltecemento do terrorismo. En xuño de 2020 foi condenado a seis meses de cárcere por agredir a un xornalista. E o 18 deste mes confirmouse unha sentenza a dous anos e medio de cárcere por agredir e ameazar de morte a unha testemuña nun xuízo contra un axente da Garda Urbana.

 

Vexamos o que escribe este mozo tan perseguido. Compadécese de nenos famentos e xentes desafiuzadas, pero di cousas polémicas, por exemplo: «Me cago en la marca España explotadora y casposa» o «No me da pena tu tiro en la nuca, pepero. Me da pena el que muere en una patera. No me da pena tu tiro en la nuca, socialisto. Me da pena el que muere en un andamio». Sigo lendo. Aos policías considéraos «mercenarios de merda», «torturadores e asasinos». Á familia real, «banda mafiosa e criminal». E fai comentarios moi violentos: «¡Merece que explote el coche de Patxi López!», «¡Que alguien clave un piolet en la cabeza a José Bono!», «Pena de muerte ya a las Infantas patéticas, por gastarse nuestra pasta en operaciones de estética». Sobre o alcalde de Lérida: «Merece también un navajazo en el abdomen y colgarlo en una plaza», «Que li fotin una bomba, que revienten sus sesos y que sus cenizas las pongan en la puerta de la Paeria». Este rapero distribuíu de maneira gratuíta na Internet todos os seus traballos. Pregúntome: de que vive? E que están a defender os que queiman locais e asaltan comercios nas manifestacións no seu favor? A liberdade de expresión? A outro can con ese óso!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
35 votos
Comentarios

Quen é Pablo Hasel?