E mentres, morrendo xente

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

RAMON LEIRO

13 oct 2020 . Actualizado a las 19:26 h.

Vaian todos durmir, por non dicir algo máis forte. Prodúcenme carraxe o comportamento dos «mandamáis». Son os amos e camiñan coma polos sen cabeza, sen importarlles a xente, as vidas. Buscan poder, rétanse: quen gaña este pulso?

E mentres deciden o galo do curral, morrendo xente.

Coma nenos pequenos: Quero a competencia, non cha dou. Quero a competencia. Tomade!, a ver como o facedes. Ves? Culpa túa, pola competencia. Ei, non, que chegou tarde.

Lea continua. E mentres, os infectados aumentan e a sanidade non dá feito. E non se lles repite a PCR aos que pasaron o virus, polo que non sabemos se volven á rúa a contaxiar ou non... Pero deixámolos saír. E o número aumenta, aínda que uns dan unhas cifras e outros outras. E mentres, segando vidas.

Agora confínote. Eu protesto! Mando eu... confínote. E eu obedezo, pero protesto, e reclamo. E o Tribunal Superior de Xustiza dálles a razón: o confinamento atenta contra os dereitos e liberdades fundamentais. Non me digas??? Logo cando todo o país estivo pechado na casa sen poder saír, non era cortar a liberdade?

Pois nada, estado de alarma e chimpún.

Mellor seríalles calar e quedar na casa. É tempo de ser responsables, dar exemplo. Xa repartiremos culpas.