Que é a cultura


Que pouca memoria temos... que pouca!

Cando nos confinaron, houbo protestas, berros e esixencias. Que se horarios, que se cans, que se nenos, que se maiores, que se o deporte, que se a máscara, que se fumar, que se necesito saír.

No medio de todo isto fíxose oír unha esperanza, ao caladiño. Era a voz da xente da cultura que, na medida do posible, agasallou un chisco de tranquilidade, un recuncho no que refuxiarse. Houbo música, relatos, audios, vídeos, imaxes, debuxos, fotografías, creacións artísticas de diversa índole que se lanzaron coma mensaxes dentro de botellas, sen saber quen sería o receptor, co risco de perder o traballo na viaxe. Non importaba. Se axudaba, pagaba a pena.

Ollo! Non confundan! Non quero que a cultura sexa de balde. Pretendo que os traballadores nas distintas disciplinas e treitos do proceso creativo cobren polo seu traballo. É o xusto, como tamén recoñecer que houbo unha onda de solidariedade da que nos aproveitamos todos.

Ninguén agardaba que ao permitírense a apertura das portas a xente correse ás galerías, librarías e tendas a mercar libros, cadros, discos e demais material cultural. Con todo, os concertos, representacións teatrais ou outras actividades que se desenvolveron adaptadas ás novas medidas de saúde foron un éxito.

Co que non contaba era conque desde unha administración se difundisen carteis nos que se alente a elixir entre a pulseira sanitaria ou a pulseira de acceso a un festival.

A cultura tamén é saúde, señores. E os creadores, comemos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Que é a cultura