Hai razóns para tanto medo?...

Pilar Cancela FIRMA INVITADA

OPINIÓN

C. A.

02 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Soe afirmarse que poucos sentimentos hai tan poderosos e paralizantes como o medo. E xerar medo na cidadanía, facer que se sinta vulnerable diante de situacións, reais ou ficticias, tamén é estratexia política. A pregunta que ven ao caso é: pode alguén ocupar unha vivenda habitual allea sen ter posibilidade, o propietario da mesma, de defender o do seu lexítimo dereito de propiedade?

A resposta, de xeito contundente, é «non». Resulta imprescindible distinguir dous supostos: a ocupación de vivenda habitual dunha persoa, respecto da cal debe protexerse a súa intimidade e a inviolabilidade do seu domicilio (aínda que sexa segunda residencia), e por outra banda, a ocupación dun local ou inmoble baleiro, propiedade dunha persoa física ou xurídica, no cal non se desenvolve «intimidade» ou vida privada algunha.

No primeiro caso estamos diante dun suposto de «allanamiento de morada», cuberto por un tipo penal que protexe a intimidade e a inviolabilidade domiciliaria, castigado ata con 4 anos de prisión, dado que o ben xurídico a protexer ten maiores garantías legais. Así, as Forzas e Corpos de Seguridade teñen obriga de desaloxar e deter, de xeito inmediato, aos ocupantes, sen necesidade de recorrer á autoridade xudicial previamente.

No segundo caso, ocupación de vivendas baleiras, é onde se rexistran máis supostos. Aquí, a calificación é dun delito de usurpación, para o cal o Código Penal prevé penas menores e procede actuar sempre baixo o paraugas dunha autorización xudicial.

A estatística si reflicte nestes supostos unha tendencia de incremento, e pode xerar a sensación na sociedade das dificultades xudiciais para restaurar a posesión perdida, confundíndose ámbolos dous tipos de ocupación.

Á vía penal súmase o procedemento civil previsto na Lei 5/2018, presentando unha demanda de «inmediata recuperación» de vivenda, cuns prazos e custos menores.

Polo tanto, a lexislación existe. Aplíquese. A pregunta que procede é ¿cal é a cuestión de fondo que nos debe ocupar e preocupar? Atacar con toda a forza do Estado do benestar todas as circunstancias que impiden a eficacia do principio da igualdade de oportunidades, o dereito dos cidadáns en situacións de vulnerabilidade a ter unha vivenda digna. Combater a pobreza. Erradicar a exclusión social.

Dende a esquerda, como socialistas, o obxectivo político prioritario no tema que nos ocupa, debe ser combater a pobreza e ampliar o parque público de vivenda. Porque as políticas non son neutras. Afortunadamente...