Memoria de peixe. Irresponsabilidade


Eran unha parella. Poderían ter a miña idade. Entraron na tenda da vila e comezaron a elixir unha serie de produtos que desexaban levar. Pola forma de falar sabiamos que non eran do lugar, estaban de visita, quizais por un tempo.

Retiraron a máscara da cara e falaban entre eles.

A dona do pequeno local advertiunos, con todo respecto e educación. Nun ton baixo para que non sentisen que eran amoestados. Debedes levar a máscara posta, díxolles, no seu idioma. E eles, en lugar de cubrir a cara de novo, preguntáronlle por que. Alegaban que mantiñan a distancia de seguridade. A muller volveu solicitarlles que, dentro do local, mantivesen a máscara de protección.

Vaia ofensa! Deixaron todos os produtos seleccionados no mostrador e abandonaron, airados, o comercio.

Sinto que perdese de vender, pero sentinme tremendamente orgullosa desa pequena empresaria enormemente responsable. Claro que si! Debemos coidarnos entre todos, ou esta pandemia non terá fin.

Non pode ser que teñamos memoria de peixe. Vimos de pasar meses pechados en casas (no mellor dos casos) e pequenos pisos. Non puidemos soterrar os nosos mortos. Debémonos aos profesionais que se xogan a vida a diario por nós! E temos medo porque a situación económica do país é delicadísima.

En que cabeza colle que poñamos en risco a vida dos demais e a nosa propia? De verdade que non o entendo.

Queredes ser libres, seino, saír do ovo. Pero para iso hai que incubar antes. E ser conscientes dos perigos que agardan ao outro lado da casca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

Memoria de peixe. Irresponsabilidade