Os cans antes que os anciáns e os nenos


Apresidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, dixo que o confinamento de persoas maiores pola pandemia do COVID-19 podería alongarse ata final de ano: «Sen unha vacina, temos que limitar tanto como sexa posible o contacto cos anciáns». O ministro de Defensa de Israel, Naftalí Bennett, emitiu un vídeo no que recomenda como medida fundamental para vencer a epidemia illar a «os avós» ata que o virus desapareza da poboación. Con ese tipo de razoamento pódese tamén confinar aos nenos, que apenas padecen a enfermidade pero que son os que máis a transmiten por non presentar síntomas visibles. En realidade, en España xa se fixo, impedindo que saian de casa.

No noso país os cans poden sacar a pasear aos seus propietarios varias veces ao día, mentres os anciáns están encerrados, perdendo calcio cada día, cos ósos cada vez máis quebradizos; e os nenos están colgados durante horas da televisión e dos aparellos electrónicos, ou dos pais que tentan traballar en liña. En contra do que pensan a presidenta da CE o ministro xudeu -¡ai, que malos recordos, carafio!- creo que a solución virá pola desinfección constante de lugares públicos, o uso xeneralizado de máscaras, a aplicación de test que permiten illar a quen transmite a enfermidade e o mantemento dunha distancia social razoable. A min o do peche sóame a gueto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos
Comentarios

Os cans antes que os anciáns e os nenos