O pacto do esquecemento

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OPINIÓN

28 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Era a segunda vez que o vía, e supoño que por iso a miña asociación de ideas foi diferente. O documental de Almudena Carracedo e Robert Bahar, El silencio de los otros, é unha ferramenta fundamental para comprender as consecuencias da xustiza transicional, entendendo esta como «o conxunto de medidas xudiciais e políticas que diversos países utilizaron como reparación polas violacións masivas de dereitos humanos»; e para comprender as consecuencias do esquecemento.

Na miña casa nunca se falou da ditadura, nin dos mortos que non foran os nosos. A realidade na que naceu a miña irmá Teté (en 1967) era moi diferente á realidade na que nacín eu (en 1980), e sempre pensei que o noso xeito de vivir a política, e a nosa relación coa mesma, estaban marcadas por este salto xeracional de nacer en dous momentos históricos tan diferentes.