Sánchez, entre o si e o non


É ben sabido que dende Reagan e Thacher o socialismo veu traizoando os seus principios en todo o mundo máis próximo, xusto aqueles que levaron á súa mellor creación, que foi o chamado Estado de benestar. Entre nós, iso é xusto o que se iniciou cos gobernos de Zapatero.

A crise que hoxe viven os partidos socialistas en todo o mundo non é outra que a consecuencia de teren abandonado a defensa dos seus principios e, con eles, os intereses das clases traballadoras, as que agora berran «non nos representan», as mesmas que cando as recentes eleccións berraban «Con Rivera non!», as mesmas que, despois da defenestración se Sánchez, deron a vitoria a este fronte á protexida dos que verían con moi bos ollos un pacto con Rivera ou, se cadra, con Casado.

No PSOE, pois, ocorre o mesmo que acontece no noso entorno máis próximo. É o seu secretario xeral un paradigma no referente a esta cuestión. Conforme se ten sinalado, en campaña é socialista, suxeito aos principios de sempre, e en canto a goberno pode casar con calquera, agás cos situados á súa esquerda, por suposto.

Todo indica que agora mesmo se apunta ao tema Cataluña en liña semellante ás de Vox, o PP e Cs, e ameaza con botar man do artigo 155 e pide ás autoridades catalás que condenen unha violencia que ninguén ben informado sostén que exista e que, polo que se vai vendo, ben pode ser un suposto de fabricación ad hoc para o caso e o momento.

Agora xira para o centro -e máis ben para o centralismo, diso non hai dúbida- e todo suxire que en bandazos a babor e a estribor pode superar ao mesmo Rivera, máis próximos do que parecera. Custa traballo sentirse identificado con esa política de incerteza case metafísica bailando entre o si e o non, o que en política acostuma ser nin si nin non.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos
Tags
Comentarios

Sánchez, entre o si e o non