Información e coñecemento


Por moi conscientes que sexamos das inmensas posibilidades do mundo dixital, non podemos esquecer certas eivas que agocha no seu seo e que, lonxe de ser liberadoras do ser humano, poden levalo a novas formas de dependencia e aínda de escravitude. Eivas que están ai e coas que teremos que convivir, e que debemos coñecer para que non nos escravicen.

Moitos pensan que levan no peto, nun trebello ben minúsculo, un mundo de coñecementos ao que se pode acceder cun só clic. E o que levan é información ao chou, sen orde nin concerto, e que case nunca saben moi ben o que poden facer con ela. Á parte de que ese rebumbio informativo acostuma agochar os medios para que os usuarios se incorporen ao consumismo que moitas grandes empresas promoven, e pode crear verdadeiras dependencias.

Tense escrito que unha das consecuencias negativas da dixitalización é evadir ao consumidor do mundo real, un mundo creado por medio dunha información incontrolada no que o consumidor queda enguedellado e que o leva a seguir procurando máis e máis información sen chegar nunca a un verdadeiro coñecemento, pois isto non interesa.

A dependencia dos cada vez máis diversos aparellos dixitais é crecente, en especial dos máis novos e menos formados, dependencia que xa se pensa se non estará levándonos a verdadeiras mutacións, e non positivas, nos esquemas cognitivos de mozos e adolescentes. E hai quen pensa xa nun problema de saúde pública.

A información procurada na súa orixe como excesiva é sempre nociva. E é moi doado constatar que a información que a esgalla chega á nosa mocidade pouco ou nada ten que ver co coñecemento. Este procura a síntese e nunca os excesos, a claridade e non a confusión, o sosego e non o rebumbio, o método e nunca a anarquía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
21 votos
Comentarios

Información e coñecemento