Simple ignorancia?


O día 1 de outubro de 1936, o xefe do Estado español era Manuel Azaña. Ese mesmo día, na Capitanía Xeral de Burgos, nunha sobria cerimonia militar, un grupo de mandos do exército sublevado tres meses antes contra o executivo que fora votado nas eleccións de febreiro, proclamaban xefe do Goberno do bando sublevado a Francisco Franco. Uns días antes xa lle outorgaran o título de Xeneralísimo, pois precisaba un epíteto épico. Führer. Duce. Xeneralísimo. Ese día crían que a guerra sería curta, pero durou tres longos anos en que o xefe do Estado foi Azaña. Só despois deses tres anos miserábeis, despois de que aqueles de Burgos lograsen que toda España fose «una, grande y libre», despois dos 180.000 mortos e 450.000 exiliados, só despois de todo iso, foi Francisco Franco xefe do Estado español, e celebrou durante corenta anos o 1 de outubro como Día do Caudillo.

Agora, cando aínda viven algúns dos que marcharon e hai mortos en cunetas, uns maxistrados do Tribunal Supremo do 2019 que decidían sobre o procedemento para (non) exhumar (aínda) os restos do ditador no Val dos Caídos, escribiron nun auto que este foi xefe do Estado desde o 1 de outubro de 1936. Así que, si.

Os maxistrados do Supremo fachendean decote de superaren as oposicións máis difíciles do universo para despois afeccionárennos aos mortais co seu verbo florido, así que esa notiña non é nin inocente nin ignorante. Significa que os xuíces con poder aínda cren que os castigos non abondaron para quen morreron ou fuxiron por marxistas, anarquistas, homosexuais, mulleres ou por mestres; ou para quen ficaron no país que os condenou a un ostracismo que xa dura 83 anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

Simple ignorancia?