O sistema solar sitúase máis ou menos nun plano, coma se fose unha rotonda co Sol no centro. A meirande parte dos seus obxectos habitan nel; por iso, se nos chega algo dende unha dirección case perpendicular a ese plano hai que pensar que lle é alleo, máxime se vén a unha velocidade tremenda. Hai ano e pico algo así pasou preto da Terra, a máis de 300.000 km/h. Xamais ocorrera. O obxecto, ademais, ten un brillo moi cambiante (indicativo de que non é un pedrolo máis ou menos redondeado e xira irregularmente) e careceu da típica cola de po e gases que se forma nos cometas cando se arriman ao Sol. Bautizado como Oumuamua, é tan estraño que se creou unha categoría adrede só para catalogalo a el. Por riba, a súa forma (de puro ou de disco) e tamaño (uns centos de metros no lado máis longo) fan que sexa razoable pensar que se trate dun aparello alieníxena.

Pode sorprender que xente seria fale diso, pero, tendo en conta que hai entre cen e mil veces máis estrelas no universo observable que graos de area en todo o mundo, é probable que haxa vida extraterrestre. Cousa máis difícil é contactar con ela. Nun dos meus libros xa contei hai anos que a estratexia de enviarlles sinais de radio (tal e como fai o proxecto SETI) ten unha eficacia limitada: a enerxía do sinal vaise repartindo nunha superficie cada vez maior, ata quedar esvaecido. Aínda que pareza mentira, é máis probable que o contacto con alieníxenas se produza por que eles atopen un obxecto noso (as sondas Voyager quizais?) ou nós un deles. Será Oumuamua?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
23 votos
Comentarios

Espía alieníxena?