Natalidade e demagoxia

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Antonio Lacerda

Non sexan demagogos. E non permitamos isto. Non se pode tomar a prohibición do aborto como unha medida para o incremento da natalidade.

Non. Non poden asegurarnos sen pestanexar que a maior parte das mulleres realizan esta práctica pola dificultade de conciliar, e quedar tan panchos. Primeiro, porque os datos non referendan ditas afirmacións, pero tamén porque non se poden mesturar certas cousas.

Moito ollo. Queren incrementar a natalidade? Perfecto. A min tamén me gustaría ter unha sociedade máis nova. Pero non deixar abortar non é a solución, dende logo. Déannos axudas. Si, a nós, ás mulleres. As únicas, por certo, que podemos saber o que significa abortar.

Pero non nos dean uns euros aos mes. Non. Iso non nos soluciona a vida. Déannos xornadas laborais que permitan desenvolvernos como mulleres e profesionais que somos, pero tamén manter a maternidade. E para todo iso necesitamos servizos razoables e axeitados, con horarios compatibles co traballo e con prezos que correspondan ao nivel de vida.

Escóitenme unha cousa... un aborto non é un xogo. É pasar por un quirófano. E isto sempre implica risco. Pensan que unha persoa o fai por gusto? Que é agradable? Que o corpo e a mente non se inmutan por isto?

Sexamos serios e deixemos a demagoxia. Oféndeme que digan que o aborto é un método de conciliación. Por aí non vou pasar. E dáme igual o partido que o diga. Vai moito máis alá dunha cuestión política, falamos dos dereitos das mulleres.

E non lixen un dos mellores discursos da historia dos premios Goya. Xa está ben!