Ao que se pode chegar!


Triste Europa esta que se axeonlla diante de Trump. Onde vai non xa a da Ilustración, senón a dos fundadores e dos europeístas do século pasado, a Europa que en 1930 abesullou Adrián Solovio, despois de tanto andar arredor de si, en procura da súa Ítaca, achada ao cabo? Un día de loito para a cultura europea.

Non existe a figura xurídica do presidente encargado. E o encargo de Donald Trump e os seus acólitos carece de forza xurídica. E só pode ter a que provén da razón da forza, non da forza da razón. Ou sexa, un non presidente. Un encargado, agora si, pero non polo pobo de Venezuela, que xa se ve que non conta. Un ditador, sen máis.

Maduro pode ser un impresentable, que o é; pero segue sendo o presidente de Venezuela mentres os seus cidadáns non digan outra cousa. O desprezo que a uns e outros lles merece a democracia está ben patente nas actitudes contra Grecia e agora contra Venezuela. E contra Iraq, Afganistán ou Libia. As consecuencias, que pagará unha vez máis o pobo venezolano, son moi doadas de prever. E Europa dicindo amén, si señor. A Europa que foi a patria do humanismo e da democracia.

Do señor Guaidó non se sabía nada deica agora, agás a súa afiliación a un partido de extrema dereita: de aí a afinidade con esa ideoloxía en todo o mundo, e que tanta présa demostrou no desprezo ao pobo venezolano, impoñéndolle o tal encargado. Porque o verdadeiro aprecio está noutra parte: na inmensa riqueza potencial do país, que é o que conta.

Ao parecer, de aquí en diante calquera pode destituír e poñer presidentes á marxe do que diga a cidadanía, e só porque o quere e lle convén a un impresentable, pero con forza bastante para poder impoñelo. Iraq, Afganistán, Libia, Grecia... falan ben alto e claro do que significa a lei da selva.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
40 votos
Comentarios

Ao que se pode chegar!