Tone e as trampas electorais

Xosé Zapata TRIBUNA

OPINIÓN

xoan a. soler

12 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Nun off the record despois das eleccións á secretaría xeral de Podemos Galicia nas que foi derrotada polo candidato pablista Gomez Reino (Tone), Carolina Bescansa manifestaba ser víctima do «sistema» electoral implantado por Pablo Iglesias en Podemos. Menos discreta era a ex secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, que iba pregonando a quen quería escoitala que o resultado era un claro «tongo» propiciado pola dirección de Podemos en Madrid.

Podemos Galicia vai agora ao xulgado e fai auditorías para sair de En Marea, e dun xeito abraiante quere tirar abaixo un resultado electoral a favor de Luis Villares, moito máis claro do que entronizou a Tone na secretaría xeral de Podemos Galicia e que Bescansa aceptou a pesar das evidencias de manipulación no proceso electoral.

Durante anos os secretarios xerais locais de Podemos estivemos pedindo os censos da formación nos nosos pobos. Reiteradamente a dirección de Podemos nos negou acceso ao censo local, de por exemplo Arzúa, por imperativo da Lei de Protección de Datos. Algo ridículo, e de todo absurdo, senón fora porque os censos son a principal arma de manipulación da dirección estatal. Según Podemos, un secretario local dun pobo non pode acceder a un censo de 30 persoas, pero agora non existe problema no asalto electrónico de Esquerda Unida ao censo de En Marea, cos datos privados de miles de inscritos.

As evidencias sobre a manipulación dos procesos electorais en Podemos Galicia vense claras nas cifras de participación: 3.172 inscritos votaron en outubro nas eleccións a secretaria xeral entre Gómez Reino e Bescansa, 1.200 dous meses despois nas eleccións de secretarios locais. E finalmente, nas eleccións internas da En Marea, cunha movilización moi importante, incluidos miles de SMS para inscribirse e votar a favor de Entre Todas, a dirección de Podemos Galicia apenas chegou a movilizar 1.000 votos.

Na última noite electoral da En Marea, Xermán Tobío ex candidato á Xunta por Máis Galicia, ex-concelleiro de Terra Galega en Cedeira, integrante da candidatura de Tone e membro do seu equipo en PG, e por suposto defensor da candidatura Entre Todas, co censo de En Marea na man chamaba a inscritos de Podemos Galicia para solicitarlles o voto para a súa candidatura. A persoa que encargou a auditoría contra Villares por manipulacións cruzaba os censos de En Marea e de Podemos para detectar votantes.

Cada un pode sacar as súas conclusións sobre o privado e amargo comentario de Carolina Bescansa sobre o pucheirazo de Gómez Reino.