Os anxos da garda existen. Sempre o pensei. O complicado é verlles as ás, pero se che cadra un diante sabes que é. María Delgado Quintas, sen dúbida, é o anxo da garda da pequena Belén, que grazas a ela xa conta con dúas semanas de vida. Quince días moito máis intensos que moitos lustros doutras persoas.
Como nai, entendo a angustia que causa que os nenos non falen, non digan que lles doe, e boten a chorar sen explicación. Que facer? En todas as situacións resulta un factor importante a tranquilidade de cada adulto, e tamén a intuición.
Rhina Dayana é unha desas nais. A súa pequena parecía estar incómoda, non ser capaz de calmarse, polo que decidiu deitala con ela, algo que, polo normal, tranquiliza os bebés. Pero algo resultou mal, e a pequena deixou de respirar. Daquela a nai saltou con ela da cama, pediu axuda. Ao aire, ás portas dos veciños. Pero ninguén respondeu. Chamou aos pais, que viven a quilómetros. Pero respirar é esencial. Necesitaba axuda xa. Por iso correu á rúa, por simple desesperación. Berrou, pediu axuda... e por fin María se achegou.
Colleu a nena, xa azul, e deulle unha masaxe segundo os seus coñecementos de primeiros auxilios lle ditaban. E Belén volveu respirar. Pouquiño a pouco. As mulleres mantivéronse xuntas ata que chegaron os servizos sanitarios, que trasladaron a pequena ao hospital, onde a están a tratar.
Aínda quedan corazóns!
Non me estraña que a nai defina a María como o anxo da garda da pequena.
Feliz ano (de vida), Belén, e que sexan moitos!
?