Constitución


Seis de decembro, Día da Constitución. Corenta decembros de vida. Probablemente os mellores anos da historia de España.

Quizais por iso, porque a Constitución é quen une aos demócratas, homes e mulleres libres, pola súa importancia e relevancia e absoluta necesidade, hoxe máis ca nunca, cambio o murmurio das ondas e cores e aires deste país de marabillas para preguntar en alta voz algunhas dúbidas que me incomodan. Por que os mesmos que pactaron con anticonstitucionalistas piden en Andalucía un pacto de constitucionalistas? Por que cando gana a dereita a esquerda sempre dubida da capacidade dos votantes, e cando gana a esquerda a capacidade dos electores resulta evidente? Entenden qué significa democracia? Por que se convocan manifestacións na mesma noite electoral (Pablo Iglesias) reclamando que a xente saia ás rúas, cando a xente acaba de saír a votar con absoluta liberdade? Se a suma de Podemos e PSOE chegase aos 55 deputados, reclamarían tamén manifestacións en contra de Vox? Por que se sorprenden dos resultados electorais en Andalucía os mesmos que foron negociar os presupostos a un cárcere e «admiran» o Goberno venezolano? Por que os que pactan con Bildu se alporizan porque alguén queira pactar con Vox? Por que sufrimos un Goberno tan disparatado en Madrid? Por que percibo que Vox, esa monstruosidade que nega o noso idioma e a nosa autonomía, se alimenta das preguntas anteriores? Por que pagamos este CIS que aseveraba que o PSOE subiría en Andalucía? Por que nos lembramos máis de Franco que da Constitución? Por que se fala tanto da ultradereita e tan pouco da ultraesquerda? Por que non podemos discrepar máis cordialmente? Feliz aniversario, Constitución.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
37 votos
Comentarios

Constitución