Cada vez que se fala de prostitución, a este país sáelle a hipocrisía polas orellas, e por iso en toda esa historia do  recoñecemento legal dun sindicato de prostitutas pouca prensa se lles dá a elas: con esas mellor non falar, pois igual din cousas que non queremos oír. Xa dicimos nós os motivos que as levan a cometer o pecado de «venderen os corpos» que son de todos menos delas. Moitos cren que o puterío é vocacional, coma se fose o mesmo ca voluntario, e nese paquete van as putas malas, obviando que non se pode ser puta sen alguén con moita vocación de cliente. Outros cren que a prostitución só se dá por necesidade económica ou engano. Así, as malas, como son malas, non poden nin soñar con ter dereitos, mentres que as boas deben ser salvadas antes ca ningún outro escravo. Seica escravizar mulleres é distinto, sen especificar. Distinto de que? Sempre me preguntei por que non protexemos coa mesma intensidade ás mulleres que cobran unha miseria indigna limpando retretes ou cosendo para multinacionais, esas que venden e estragan os corpos para que os nosos váteres ulan a piñeiro e para que as honradas luzamos perfectas en celebracións.

O problema non é vender o corpo (as modelos tamén o fan), senón que ese corpo de muller se valore como mercadoría ou sirva para exercer un poder socioeconómico ou moral ao que as mulleres nunca temos acceso. Entre tanto, aceptamos sen escándalo estradas inzadas de bordeis, xornais con anuncios de sexo, e despedidas de solteiro con putas, pero un Sindicato de Traballadoras do Sexo e a regulamentación desta actividade son inadmisíbeis. Antes dun sindicato deberían facer unha folga, a ver quen se atrevería a falar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
34 votos
Comentarios

Prostitución