Reverter


Dos meus amigos só podo falar gozos e luces. Podería dicir que a miña cuadrilla é a mellor cuadrilla. Son excelentes. Tanto que levamos cinco décadas xuntos. E permanecemos. Quizais os amigos son eses que podes contar cos dedos dunha man. Ou non. Nós somos máis de dez e seguimos: cantando e discutindo. Non podo negalo. ¿Problemas? Por suposto. Porén sempre fomos quen de resolvelos. Non hai nada mellor que os amigos. Un dos de verdade nunca consente que falen mal de ti, aínda que sexa certo o que comentan. Un dos de verdade é o primeiro en botarche as flores máis fermosas. A min pasoume co Mariló. El non é crítico nin especialista en literatura. Pero confeso que Paco Mariló, electricista de profesión, botoume o mellor piropo que eu escoitei como escritor. Cando escribía novelas de setecentas páxinas non aptas para todos os públicos (dicían), o Mariló confesoume: «Deixei o Quijote e púxenme contigo». ¿Quen puido escoitar algo máis venturoso? Andaba o Paco Mariló pagando unha débeda co pasado: a lectura do Quijote. Díxome que era a súa tarefa pendente e que nunca pasara da primeira saída de Alonso Quijano, pero que estaba disposto a conseguir a fazaña; mais cruzouse unha das miñas novelas no camiño e deixouno. Un amigo é un amigo. O problema é a sinceridade. Agora encontrou algo mellor e, seis anos despois, deixou a miña novela. Seis anos, seis, levaba con ela e non conseguía rematala. Pero perseveraba. Ata onte. Díxome: «Neno, abandoneite por outro». «Non importa», contesteille. El, sen dubidalo un segundo, engadiu: «Este Reverter é un campión». «¿Reverter?», preguntei. «Si», contestou o Mariló, «o de Falcó… Qué cabrón!!!». Puiden con Cervantes. Con Reverter, imposible.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
25 votos
Comentarios

Reverter