Covardes

Nuria Lago TRIBUNA

OPINIÓN

05 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Habitualmente escoitamos que as «novatadas» son unha especie de «ritual de paso» para entrar nun grupo humano determinado (residencias universitarias, fraternidades). Asemade, non é estraña a publicación de novas que fan referencia a agresións, vexacións e incluso mortes por mor das devanditas «novatadas».

Non sei se é «deformación» profesional ou persoal; o caso é que a cotío reflexiono sobre a evolución da raza humana, dubidando cada vez máis, da mesma; invadíndome unha sensación de gran decepción e tristura pola nosa, coido que, evidente involución.

Ata que punto é preciso, no século XXI, dar continuidade a actos (porque para min non

merecen o calificativo de rituais) denigrantes, que atentan contra a dignidade das persoas? Tanto os que executan estas agresións, físicas e psicolóxicas, coma os espectadores/consentidores das mesmas, son igualmente responsables e tanto estes, coma os que sofren ditas agresións, son un reflexo da sociedade na que vivimos; unha sociedade doente e chea de carencias, frustracións e conflitos emocionais.

A perigosa frustración leva a uns a crerse poderosos tiranizando a alguén, do xeito máis covarde e a baixa autoestima, leva a outros a amosarse sumisos, polo medo a ser rexeitados, ou o que é o mesmo, na procura da aceptación.

Nesta sociedade hai que pagar unha peaxe por ser un mesmo e ter unha identidade e unha

autoestima sólidas, para non pretender a aceptación a calquera prezo.

Por que non se imparte educación emocional nas escolas?