Un punto escuro

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

04 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

SIRO

Días antes do 23F, o xeneral Armada insistiu na necesidade de ser recibido polo rei. Sabino opúñase co argumento de que a axenda estaba ocupada, pero don Juan Carlos propuxo un cambio e recibiu ao xeneral o día 13. Ninguén sabe que falaron, pero cando Armada foi xulgado como golpista, solicitou á Casa Real que, para defender a súa honra, se lle permitise comentar aquela conversa. Sabino encargouse de negarllo. Dispuxo que un membro da Casa Real, Pablo Montesino-Espartero, duque da Vitoria, moi amigo de Armada, o visitase e, de palabra, lle dixese: «El rey dice que no te puede decir que sí sin saber qué vas a decir, ni decirte que no, porque entonces parece que estás ocultando algo que no se puede saber».

Armada interpretou a resposta como unha negativa e, durante o xuízo, centrou a súa defensa en negar o encontro con Tejero nun piso da rúa Juan Gris, de Madrid, onde, segundo o tenente coronel, lle dera instrucións para a realización do golpe. Tamén se presentou como o heroe moral que expuxo a vida ao acudir ao Congreso e botou a perder a súa carreira militar ao se ofrecer para presidir un Goberno de salvación nacional. Alguén tiña que sacrificarse e estivo disposto a facelo el.