1975
Nós, si tivésemos o gosto de axuntar nomes, de evocalos de calquer xeito ó propósito de un escritor ou un artista, refeririamos como paralelos de Hierro a dous poetas do eisilio, Arturo Serrano Plaja, que escomenza agora a sere recoñecido en España, e a Lorenzo Varela, un gran poeta en galego e castelán que é, temos de decilo, absolutamente descoñecido nesta a pesares de ter poemas como as adicados á infantería en guerra, por poñer exempros, ou «A Perpétua, madre mía», pra nós un dos mais importantes poemas en castelán da década do coarenta.
Como son de fundamentales os de Hierro de Quinta del 42, Con las piedras, con el viento, ou Cuanto sé de mí na do cincuenta peninsular. Trátase dun poeta orixinal, fondamente humán que coñece, cecáis pola propia vida, pola súa profesión de xornalista, polo que sexa, os fundamentos da condición angostiosa do home no noso tempo.
Eles refréxanse nos seus versos, «olvidas que vida y muerte son tus obras», e toda a destrucción do mundo, somando, cavilamos, máis sinos negativos que positivos. Outros libros de José Hierro, enmáis dos que citamos, son Tema sin nosotros, o primeiro, Alegría e Libro de las alucinaciones, o derradeiro, de fai dez anos.
José Hierro pronunciou conferencias encol de temas de poesía e arte en Francia, Italia, Inglaterra, Marruecos e, naturalmente, en España. As edicións de Pierre Seghers de París pubricaron Poemas, un libro antolóxico del, e a súa poesía traducida pubrícase en revistas literarias de Francia, Inglaterra, U.S.A., Suecia, Marrocos, U.R.S.S., Grecia, Italia, etcétera. Ten os premios Adonais, Nacional de la Crítica, o derradeiro en dúas oportunidades con motivo de Cuánto sé de mí en 1958 e por Libro de las alucinaciones en 1964.
Pubricou monografías de arte e é un dos millores críticos con que conta a prensa madrileña. Un crítico que xusga sin prexuicios, que trata de xunguir a obra do artista a un meio e a unha cultura, que sabe que todo artista ten sempre antecedentes no seu arte e non é forzoso citalos, pois non acrara nada, posto que os antecedentes, canto o artista é verdadeiro, son sempre moitos. Nos coñecémolo dende fai anos, temos toda a súa obra en Buenos Aires. Lembrámolo na súa casa nunha tertulia onde acudían Pancho Cossío, Gerardo de Diego, Pablo Beltrán de Heredia, Gómez Collantes e Martínez López, éste cando gozaba do ano sabático na universidade de Austin, en U.S.A.
José Hierro é montañés, un xeito, pra nós, sendo de Santander, de pertencer á grande familia atlántica que se espalla por Europa xunguíndose por moitos mitos comúns.
1 de junio