O rei acepta a dimisión de Suárez

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

Siro

Entre os bulos que circularon sobre as causas da dimisión de Suárez está o da encerrona que lle fixo o rei, ao chamalo o 23 de xaneiro á Zarzuela para deixalo só cos tenentes xenerais Elícegui, Merry Gordon, Milans del Bosch e Campano López, que lle esixiron a dimisión. Cando Suárez pediu que lle desen unha razón, o xeneral Merry sacou unha pistola e díxolle: «¿Le parece bien esta?».

Fernando Ónega demostra con tres razóns que ese feito nunca sucedeu. O propio Suárez desmentiuno. Suárez non o toleraría. Por moito menos -recorda Ónega- advertira ao xeneral de Santiago: «Le recuerdo que la pena de muerte sigue vigente en el Código de Justicia Militar». E no rexistro de entradas na Zarzuela non figura a de ningún xeneral o día 23.

Si é certo que o rei aceptou a dimisión de Suárez cunha frialdade que demostraba o deterioro da relación entre ambos. Contoullo Sabino Fernández Campo ao xornalista Francisco Medina: «Al poco me llamó el rey y cuando entré en el despacho me dijo algo así como: 'Oye, que Adolfo me dice que se va... ¿Qué es lo que hay que hacer en este caso?'. Lo dijo con frialdad, sí, sí, con Suárez delante. Yo vi que se le quedó una cierta cara de sorpresa».