Arias non pode

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

Cando Areilza lle dixo que só aceptaría formar parte dun Goberno que tivese como obxectivo a democracia, Arias respondeulle que tampouco el aceptaría ser presidente se ese non fose o obxectivo final. As intencións eran boas, pero axiña se viu que o medo a perder o control da situación e a falta de ideas facían imposible o proceso, propiciaban a axitación social, a presión dos medios de comunicación, e o descontento da Igrexa e de gran parte do empresariado. Arias rematou enfrontado a todos: á prensa, polas críticas recibidas; aos sectores máis conservadores do Movemento e do Exército, por non entender que «o hacemos la reforma o nos la hacen»; á Igrexa, porque aborrecía a Paulo VI, Tarancón e Casaroli; ao Rei, porque «no dice más que tonterías»? Nunha Comisión Mixta perdeu os nervos e declarou:

«Yo lo que deseo es continuar el franquismo. Y mientras esté aquí o actúe en la vida pública, no seré sino un estricto continuador del franquismo, en todos sus aspectos y lucharé contra los enemigos de España».

Areilza escribiu no seu diario: «La Monarquía no puede consolidarse con un hombre honesto y patriota pero vacilante y temeroso, que sigue creyendo que Franco está vivo y dirige el país desde la tumba».