Censura e pactos de silencio


A difusión da noticia sobre actividades económicas en paraísos fiscais de familiares de altos dirixentes chinos provocou a inmediata censura naquel país: bloqueo das webs dos xornais internacionais e das páxinas de Internet que poidan ter relación con tal noticia.

Dende as democracias occidentais esa reacción é criticada con certa suficiencia: esas son cousas que pasan naquel país onde non hai democracia. É certo, pero nós, os países democráticos, temos algo moi parecido a esa censura : o chamado pacto de silencio, que unhas veces é exercido só polo poder político e outras tamén polos poderes sociais, por exemplo a prensa. Tras as polémicas provocadas polas revelacións de Julian Assange (Wikileaks) ou de Snowden hai un feito incontrovertible: a transparencia nas esferas do poder é unha utopía. A xustificación do silencio acostuma a ser que non convén alarmar innecesariamente á poboación, pero na maioría dos casos os únicos protexidos son os que incorren en feitos criticables ou claramente delitivos.

No que se refire ao noso país, os casos de corrupción son tan xerais, afectan a tantos partidos, asociacións, organismos, institucións e personaxes que o que unha se pregunta é cantos pactos de silencio seguen aínda funcionando, e ata cando seguiremos enganados coma chinos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
74 votos

Censura e pactos de silencio