Sempre foi bo ter un plan B, pero a partir de agora debemos ter moito coidado, só o daremos por válido se é completamente legal. Porque o do B? está dando moitos problemas de cabeza, e económicos, ultimamente.
Hai uns días o Goberno anunciaba as cifras da loita contra a fraude fiscal e laboral. Teño que confesar que, nun principio, emocioneime, pensando que me ían dar unha moi boa nova. Pero en canto nos soltaron a bomba de que un de cada cinco parados cobraba a pequena axuda salarial de maneira ilegal? xa me cheirou a queimado. Iso era excesivo. Proba disto é que o informe detallado destas cifras nunca apareceu por ningures. Ao escoitar o da loita contra a economía en B pensei que estabamos a falar do financiamento dos partidos políticos. Pero para a miña sorpresa, diso non dixeron absolutamente nada. Tampouco ningún partido se opuxo a que nos presupostos do próximo ano se aumente a partida para eles case nun trinta por certo. Iso si, baixamos as pensións, conxelamos soldos aos funcionarios? e así vai o país. Perseguimos a economía B dos que pasan fame e deixamos que os partidos políticos fagan o que lles pete, porque os xuíces nin van chamar declarar ao presidente. ¿Para que?
Como sociedade, falla totalmente un plan B.