O bautizo do Higgs

Jorge Mira< / span> EL MIRADOR DE LA CIENCIA

OPINIÓN

01 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Tras un proceso de case un ano, a estas horas xa deben estar identificados os nomes dos candidatos finais ao Premio Nobel de Física, de entre os cales escollerá a Real Academia Sueca de Ciencias dentro dun mes. Pode repartir o premio entre os autores de dous descubrimentos distintos, pero nunca nomear máis de tres gañadores en total. Case ninguén dubida que os principais favoritos son aqueles relacionados co bosón de Higgs... pero o problema é que esa partícula foi teorizada por seis físicos (un deles xa faleceu) e só hai tres coroas. O bosón bautizouse só co nome dun deles (o do escocés Peter Higgs), posiblemente por unha cuestión de inercia bibliográfica: o xeito de ordenar os traballos orixinais á hora de seren citados por outros investigadores. A xente empezou a colocar o de Higgs de primeiro da listaxe, cando en realidade era o segundo. O debate, conxelado durante 50 anos, encendeuse trala confirmación experimental da existencia do bosón en 2012, chegándose incluso a reclamar que se lle cambiase de nome: «¿Cales son os que máis merecen o Premio Nobel?». A resposta, o 8 de outubro.