Futuro imperfecto

Luís Pousa Rodríguez
Luís Pousa FARRAPOS DE GAITA

OPINIÓN

Quen coñeza a Ferrín sabe que é home de decisións firmes e que a súa dimisión como presidente da Academia non ten marcha atrás. Pero que académicos do prestixio de Manuel Rivas e Darío Xohán Cabana reclamen a súa continuidade e avancen a posibilidade de cruzar con el a porta de saída de Tabernas 11 debería facernos reflexionar sobre que sentido tería unha Academia Galega sen estas tres voces.