O escándalo estalou en setembro, pero aínda hoxe ten repercusión na rede e pódense ver fotografias do vídeo no que a concelleira de Los Yébenes se masturba desnuda.
Primeiro pareceu un atentado á privacidade dunha muller casada que lle envía ao seu home un vídeo. Soaba un poco raro que despois de catorce anos de matrimonio seguisen con eses xogos, pero en fin...O alcalde, popular, parecía o causante da difusión e convírtese no malo da función, e a concelleira, socialista, na víctima. O asunto toma aspecto político e dende a rede choven mesaxes de axuda: «¡Non dimitas!». «Eu tamén me masturbo»...
Despois sóubose que o destinatario non era o marido senón o porteiro do club de fútbol da localidade. O malo pasa a ser o amante que por despeito, tras a ruptura, colga o vídeo na rede; ou quizá a moza do futbolista, por vinganza, pero tamén o alcalde que contribúe á difusión: un esperpento no que todos son culpables.
As únicas vítimas inocentes son os fillos da protagonista, dous nenos de dez e trece anos. Ata este setembro debían de sentirse orgullosos de súa nai: unha muller guapa, importante no mundo no que eles se moven. Agora non faltará un compañeiro que lles mostre imaxes, non faltarán olladas e risas ao seu arredor. ¡Pobres nenos! Aprenderon demasiado cedo e demasiado mal que as nais non son seres perfectos.
Ogallá que a experiencia non os deixe marcados para sempre.