Paisaxe despois da batalla

Víctor F. Freixanes< / span> VENTO NAS VELAS

OPINIÓN

28 oct 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Erraría Alberto Núñez Feijoo se pensase que, logo dos resultados electorais do pasado domingo, a sociedade galega lle deu un cheque en branco. Deulle a maioría absoluta, que non é pouco, cunha marxe ben folgada. Pero a sociedade galega son todos os votantes, o conxunto da cidadanía; e para empezar: máis do 46 % da poboación quedou na casa (fronte a unha participación de mais do 70 % no ano 2009). O presidente Núñez Feijoo é persoa intelixente e xa se preocupou de adiantarse a posibles arrautos triunfalistas dentro do seu partido recomendando prudencia. ¿Gañou realmente o Partido Popular ou afundíronse os outros? O liderado de Núñez Feijoo é obxectivo. De feito, a campaña estivo centrada moi fundamentalmente na súa persoa, mesmo desprazando a un segundo termo figuras sobranceiras coma o propio Mariano Rajoy. Núñez Feijoo conseguíu convencer ao seu electorado de que a crise é unha cuestión de números e que el, como profesional dos números, é quen mellor sabe gobernar as contas. E velaí. Outra cousa é o que veña agora.

¿E a oposición? Un buraco e un berro. O berro (de indignación, de rabia) vén representado pola candidatura que encabezaba Xosé Manuel Beiras. O PP perdeu arredor de 140.000 votos dende as eleccións do ano 2009. Pero o PSdeG-PSOE perdeu máis de 230. 000, e o BNG, 125.000 en grandes números. A presenza de Beiras, arredor de 200. 000 votos, non compensa a desfeita. Máis do 46 % dos votantes quedaron na casa, repito.

Hai un par de semanas, nestas mesmas varandas, comentamos a intervención na Televisión de Galicia dos candidatos do PSdeG-PSOE e do BNG. Daquela titulei o artigo: «Unha oportunidade perdida». A oportunidade de lle ofrecer ao electorado unha proposta crible, argumentada, sólida e ilusionante para presentar diante do Partido Popular como alternatva de goberno. Aquí está, na miña opinión, o buraco e o problema. Non é que a oposición se presentase dividida, é que non foi quen de poñer diante dos electores un programa (un horizonte) que merecese a súa consideración, e o electorado é que manda. O voto a Beiras non é un voto para gobernar, é un voto para protestar e, se acaso, para reconducir o cabreo. Para gobernar cómpre artellar unha proposta crible, un horizonte realizable, fundamentado neste caso nunha alianza que no bipartito se frustrou e que non acaba de callar.

Por máis que se diga, o único futuro posible para ofrecer unha alternativa á dereita en Galicia é esa alianza estratéxica entre a socialdemocracia galeguista e o nacionalismo democrático, capaces de encontrar unha cultura común que arestora non existe, e que non se improvisa nas vésperas (como sucedeu no bipartido) senón que ha ser o resultado dun proceso de maduración, debate interno, reflexión e conciliación de vontades, moitas delas hoxe extraviadas, que as máquinas dos partidos en cuestión, enferruxadas na endogamia, cando non convertida