Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa


Esta lei era necesaria. Hai que felicitar, xa que logo, aos nosos gobernantes pola elaboración do borrador de anteproxecto, que inicia agora os trámites consultivos. A normativa vixente, de ámbito estatal, é un real decreto de maio de 1995, que resulta obsoleto e inoperante. Aspectos como a rapidez das sancións, a regulación do acoso escolar, mesmo a través de Internet, ou a maior facilidade dos pais para acceder aos titores dos seus fillos non podían esperar máis. Os anteriores Gobernos foron buscando solucións aos problemas de convivencia na escola, en función da situación de cada etapa. No que tiven a honra de formar parte, creouse un centro para alumnos con trastornos graves de conduta ou estableceuse un Plan de mellora da convivencia, cun teléfono e páxina web específicos para a denuncia dos acosos. O Consello Escolar de Galicia dedicaba o seu informe do ano 1999 á convivencia nos centros escolares. O Goberno bipartito implantou o Plan integral de mellora da convivencia, creando o Observatorio Galego da Convivencia Escolar . Aínda que Galicia non ten unha preocupante situación de conflitividade nas aulas, esta foi aumentando nos últimos anos, sendo necesario dar un paso máis, que debía ser a elaboración dunha normativa acorde cos novos tempos. A todos os que teñen responsabilidade na súa tramitación ou no seu desenvolvemento, hai que pedirlles sentidiño para conseguir un texto definitivo que a faga útil e operativa. Creo que é unánime a consideración de que o principal foco de conflitividade non está na escola, senón na familia. O fomento da disciplina e da orde non poden delegarse no centro escolar, esixíndolles aos mestres que corrixan o que antes ou ao mesmo tempo non se practica no fogar. Estudos recentes cifran nun 50% as familias nas que ten lugar unha educación totalmente permisiva. Podería isto levarnos a pensar que a mellor solución non é lexislar. Sen embargo, a Administración non pode esperar a que un cambio social recupere a auctoritas dos pais. Ten que actuar sobre o persoal que depende dela, o docente, reforzando a súa potestas para non permitir que sexan obxecto de acoso. A recuperación do seu prestixio e recoñecemento vai depender, sen embargo, moito máis dos progresivos cambios sociais da nosa democracia, aínda demasiado nova. Nos resultados da aplicación da futura lei, a coordinación entre familia e escola resultará decisiva. O obxectivo esencial non pode ser só conseguir orde e disciplina no centro educativo senón, sobre todo, educar co fin de que isto sexa o normal na aula e na casa. Para elo, ademais de potenciar a participación dos pais, debería facilitarse tamén a súa formación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa